Líder (1/3)
– Irmáns e amigos, escoitei todos os vosos discursos, polo que agora vos pido que me escoitedes a min. Todas as nosas deliveracións e conversas non valen nada mentres permanezamos nesta erma rexión. Neste chan areoso e pedras nada foi capaz de medrar, incluso en anos chuviosos, moito menos nesta seca como ningún de nos vira antes. Cánto tempo nos xuntaremos así e falando en balde? O gando está morrendo á fame, e moi pronto nos e os nosos fillos os seguiremos. Debemos atopar outra solución, mellor e máis sensata. Eu creo que o mellor sería deixar esta terra árida e saír ao mundo a buscar un solo mellor e máis fértil, porque simplemente non podemos vivir así por máis tempo.
Así, un habitante dalgunha provincia estéril falou con voz cansa nalgunha reunión. Onde e cando non nos concirne a tí ou a min, penso. É importante crerme cando digo que ocurriu nalgunha terra hai moito tempo, e iso é suficiente. Para ser honesto, nun tempo pesei que dalgunha maneira inventara toda esta historia, pero pouco a pouco funme liberando dese desagradable delirio. Agora creo firmemente que vou contar o que realmente aconteceu e debeu ocorrer nalgún lugar en algún momento, e que, de ningún xeito, podería haber inventado eu.
Os oíntes, con caras pálidas, demolidos e miradas en branco, sombrías, case sen comprender, coas mans baixo o cinto, parecían cobrar vida con estas sabias palabras. Cada un xa se imaxinaba que se atopaba nunha especie de terra máxica e paradisíaca, onde a recompensa do duro traballo sería unha rica colleita.
– Ten razón! Ten razón! – suspiraban as voces cansas en todos lados.
– Ese lugar es…tá… cer…ca? – escoitouse murmurar dende unha esquina.
– Irmáns! – comezou outro cunha voz un pouco máis forte. – Debemos seguir este consello de inmediato, porque xa non podemos seguir así. Traballamos e esforzámosnos, pero todo foi en van. Plantamos sementes que servían para comer, pero viñeron as inundacións e levaron as sementes e a terra das ladeiras, quedando só pedra espida. Deberíamos quedar aquí para sempre, traballando día e noite só para ter fame e sede, espidos e descalzos? Temos que saír e buscar unha terra mellor e máis fértil onde o traballo duro dea colleitas abundantes.
– Vamos! Vamos xa, que este lugar non está feito para vivir aquí máis.
Xurdiu un murmurio, e cada un comezou a andar, sen pensar a onde ían.
– Esperade irmáns! A onde ides? – dixo o que primeiro falara. – Claro que temos que marchar, pero non así. Temos que saber cara onde imos. Se non, podemos acabar nunha situación peor en lugar de salvarnos. Suxiro que elixamos un líder, ao que todos teremos que obedecer, e que nos amosará o mellor e máis directo camiño.
– Elixamos! Escollamos a alguén xa – escoitouse ó redor.
Só agora xurdiu a discusión, un auténtico caos. Todo o mundo falaba e ninguén escoitaba nin era capaz de oír. Comezaron a dividirse en grupos, cada persoa murmurando para si, e logo ata os grupos se separaron. De dous en dous, empezaron a falar entre eles agarrando do brazo, falando, intentando demostrar algo, a tirarse pola manga e facendo señas de silencio cas mans. Despois reuníronse todos de novo, aínda falando.
– Irmáns! – De súpeto resoou unha voz máis forte que afogou a todas as outras voces roucas e aburridas. – Non podemos chegar a ningún tipo de acordo así. Todo o mundo fala e ninguén escoita. Escollamos un líder. A quen de nós podemos escoller? Quen de nós viaxou o suficiente para coñecer os camiños? Todos nos coñecemos ben e, porén, eu non me poñería a min e aos meus fillos baixo a dirección dunha soa persoa aquí. Mellor, quen coñece a ese viaxeiro de alí sentado na sombra á beira do camiño dende esta mañá?
Fíxose o silencio. Todos se volveron cara o estraño, estudandoo de cabeza a pés.
O viaxeiro, de mediana idade, cun rostro sombrío que apenas era visible por mor da barba e o longo cabelo, permanecía sentado e en silencio coma antes, absorto nos seus pensamentos, golpendo de cando en vez o seu gran caxato no chan.
– Onte vin a ese mesmo home cun rapaz novo. Ían da man camiñando rúa abaixo. Onte a noite o rapaz foise da aldea, pero o descoñecido quedou.
– Irmán, esquenzamos estas parvadas parvadas para non perder tempo. Sexa quen sexa, veu de moi lonxe, xa que ningún de nós o coñece e seguramente sabe o camiño máis curto e mellor para levarnos. Paréceme que é un home moi sabio, porque está alí sentado en silencio e pensando. Calquera outra persoa xa se houbese metido nos nosos asuntos dez veces ou máis , ou comezaría unha conversa con algún de nós, pero está sentado alí, todo o tempo só e sen dicir nada.
– Por suposto, o home está sentado calado porque está a pensar en algo. Non pode ser doutro xeito, agás que é moi listo – Coincidiron os outros, e comezaron a examinar ao estraño de novo. Cada un descubriu nel un trazo brillante, unha proba da súa extraordinaria intelixencia.
Non pasaron moito máis tempo falando, polo que todos coincidiron en que o mellor sería preguntar a este viaxeiro, a quen, segundo lles pareceu, Deus enviou para levalos ao mundo a buscar un territorio mellor e un chan máis fértil. Debería ser o seu líder, e oiríanlle e obedeceríanlle sen dúbida.
Elixiron dez homes de entre eles quenes lles explicarían ao descoñecido a súa decisión. Esta delegación debía amosarlle o miserable estado das cousas e pedirlle que fose o seu líder.
Así que os dez achegáronse e inclináronse humildemente. Un deles comezou a falar do chan improdutivo da zona, dos anos secos e da miseria na que se atopaban todos. Rematou do seguinte xeito:
– Estas condicións obrígannos a abandonar os nosos fogares e a nosa terra, e a marchar ao mundo para atopar unha patria mellor. Xusto neste momento no que finalmente chegamos a un acordo, parece que Deus mostrou misericordia de nós, que te enviou a ti; ti, un sabio e digno descoñecido, e que nos guiarás e liberarás da nosa miseria. En nome de todos os habitantes de aquí, pedímosche que sexas o noso líder. A onde queira que vaias, seguirémoste. Coñeces as estradas e seguramente naciches nunha patria máis feliz e mellor. Escoitarémoste e obedeceremos cada un dos teus comandos. Estarás de acordo, sabio estraño, en salvar tantas almas da ruína? Serás o noso líder?
Durante este discurso implorante, o sabio descoñecido nunca levantou a cabeza. Todo o tempo permaneceu na mesma posición na que o atoparan. A cabeza baixa, engurrado o cello e calado. Só golpeaba a cana no chan de cando en vez, e pensaba. Cando rematou o discurso, murmurou curto e lentamente, sen cambiar de posición:
– Serei!
– Podemos ir contigo e buscar un lugar mellor?
– Podedes! – continuou sen levanter a cabeza.
Entusiasmo e expresións de agradecemento xurdiron, pero o descoñecido non dixo unha palabra a ningunha delas.
Os dez informaron á reunión do seu éxito, e engadiron que só agora viran a gran sabedoría que posuía este home.
– Nin se moveu do lugar nin levantou a cabeza polo menos para ver quen lle falaba. Só sentou tranquilamente e meditou. Para todo o que falamos e agradecemos, el só pronunciou dúas palabras.
– Un auténtico sabio! Rara intelixencia! – berraron alegremente dende todos os lados, alegando que o propio Deus o mandou como un anxo do ceo para salvalos. Todos estaban firmemente convencidos do éxito baixo tal líder, a quen nada do mundo podería desconcertar. E así decidiuse saír ao día seguinte ao amencer.