Tag Archive | rexión

Líder (2/3)

(páxina anterior)

Ó día seguinte todo aquel que tiña coraxe para un largo viaxe reuniuse. Máis de duascentas familias foron ao lugar indicado. Só uns poucos quedaron na casa para vixiar o antigo pobo.

Foi realmente triste ver esta masa de persoas miserables ás que a amarga desgraza obrigara a abandonar a terra na que naceron e na que se atopaban as tumbas dos seus devanceiros. Tiñan o rostro desconcertado, desgastado e queimado polo sol. O sufrimento de moitos longos anos laboriosos mostrou o seu efecto sobre eles e transmitiu unha imaxe de miseria e amarga desesperación. Pero neste mesmo instante viuse o primeiro reflexo de esperanza, mesturado con morriña, para ser exacto. Unha bágoa caeu polo rostro engurrado de moitos, un ancián suspirou desesperado e sacudiu a cabeza cun aire de mal presentimento. Preferiría permanecer algún tempo para que el tamén morrese entre estas rochas en vez de buscar unha patria mellor. Moitas das mulleres lamentáronse en voz alta e despedíronse dos seus seres queridos mortos, cuxas tumbas deixaban.

Os homes intentaban ter unha fronte valente e berraban:

– Ben, queres seguir morrendo de fame nesta condenada terra e vivindo nestas chabolas? – De feito, gustaríalles poder levarse con eles toda a maldita rexión e as pobres chabolas se fora posible.

Había o ruído e os berros habituais en todas as masas de xente. Tanto homes como mulleres estaban inquedos. Os nenos berraban nos berces ás costas das súas nais. Incluso o gando estaba un pouco incómodo. Non había demasiadas vacas, un becerro aquí e acolá e despois un esbelto e peludo cabalo, cunha cabeza grande e patas gordas sobre as que cargaban alfombras vellas, bolsas e incluso dous sacos sobre a silla, de xeito que o pobre animal se balanceou baixo o peso. Con todo, conseguiu permanecer levantado e rinchando de vez en cando. Outros cargaban burros; os nenos tiraban de cans con correas. Falar, berrar, maldicir, queixarse, chorar, ladrar, berrar: todo abundaba. Incluso un burro orneou unhas cantas veces. Pero o líder non pronunciou unha palabra, coma se todo o asunto non lle correspondese. Un verdadeiro home sabio!

Simplemente sentou pensativo e silencioso, coa cabeza baixa. De cando en vez cuspía; iso foi todo. Pero debido ao seu estraño comportamento, a súa popularidade creceu tanto que todos camiñarían por lume e auga, como se adoita dicir, por el. Escoitáronse as seguintes conversas:

– Deberiamos estar felices de ter atopado a un home así. Se seguísemos adiante sen el, Deus me perdoe, estaríamos mortos! Ten verdadeira intelixencia, dígocho eu! Está calado. Aínda non dixo nin unha palabra. – dixo un mentres miraba ao líder con respecto e orgullo.

– Que debería dicir? Quen moito fala pouco pensa. Un home intelixente, iso é seguro! Só reflexiona e non di nada – engadiu outro, que tamén mirou ao líder con temor.

– Non é fácil dirixir a tanta xente! Ten que ordear os seus pensamentos porque ten un gran traballo nas mans – dixo de novo o primeiro.

Chegou o momento de comezar. Ainda así, agardaron un pouco para ver se alguén máis cambiaba de opinión e se unía a eles, pero como non viña ninguén, xa non podían enredar máis.

– Non deberiamos ir? – preguntáronlle ao líder.

El levantouse sen dicir unha palabra.

Os homes máis valentes agrupáronse inmediatamente ao seu redor para estar á man en caso de perigo ou emerxencia.

O líder, co cello fruncido e a cabeza baixa, deu uns pasos, balanceando a cana diante de si de forma digna. A concentración avanzou detrás del e berrou varias veces: „Viva o noso líder!“ Deu uns cantos pasos máis e topou co valado diante do concello. Alí, naturalmente, parou, polo que o grupo tamén parou. A continuación, o líder retrocedeu un pouco e golpeou a cana varias veces.

– Que queres que fagamos? – preguntaron.

Non dixo nada.

– Que debemos facer? Derruba o valado! Iso é o que temos que facer! Non ves que nos amosou coa súa cana que facer? – berraron os que estaban ao redor do líder.

– Aí está a porta! Aí está a porta! – berraron os nenos e sinalaron a porta que estaba fronte a eles.

– Silencio, tranquilos, nenos!

– Deus nos axude, que pasa? – cruzáronse algunhas mulleres.

– Nin unha palabra! Sabe que facer. Derruba o valado!

Nun instante o valado caeu coma se nunca estivera alí.

Pasaron o valado.

Apenas foran cen chanzos cando o líder topou cun gran mato espiñento e parou. Con moita dificultade conseguiu zafarse e logo comezou a bater o bastón en todas as direccións. Ninguén se moveu.

– E que pasa agora? – berraron os do final.

– Cortar o mato espiñento! – berraron os que estaban arredor do líder.

– Aí está o camiño, detrás das matogueiras de espiñas! Aí está! – berraron os nenos e incluso moita xente atrás.

– Aí está o camiño! Aí está o camiño! – burlaron os que rodeaban ao líder, imitando con rabia. – E como podemos os homes cegos saber cara a onde nos leva? Todo o mundo non pode dar ordes. O líder coñece a mellor e máis directa ruta. Corte o mato espiñento!

Lanzáronse para despexar o camiño.

– Ai! – berrou alguén que estaba prendido na man por unha espiña, e outro cuxo rostro foi golpeado por unha rama de amorodo.

– Irmáns, non podes ter algo a cambio de nada. Hai que esforzase un pouco para triunfar – respondeu o máis valente do grupo.

Pasaron o arbusto despois de moito esforzo e avanzaron.

Despois de camiñar un pouco máis alá, deron cunha morea de troncos. Estes tamén foron tirados ao lado. Despois continuaron.

O primeiro día andaron moi pouco terreo porque tiveron que superar varios obstáculos similares. E todo isto con pouca comida porque algúns trouxeran só pan seco e un pouco de queixo, mentres que outros só tiñan un pouco de pan para satisfacer a fame. Outros non tiñan nada de nada. Afortunadamente era verán e atopaban unha árbore froiteira aquí e outra acolá.

Así, aínda que o primeiro día só deixaron un pequeno tramo detrás deles, sentíanse moi cansos. Non apareceron grandes perigos nin tampouco houbo accidentes. Por suposto, nunha empresa tan grande débense considerar bagatelas os seguintes acontecementos: unha espiña chantada no ollo esquerdo dunha muller, que cubriu cun pano húmido; un neno chillou e mancouse cun tronco; un ancián que tropezou cunha silva e torceuse o nocello, e despois de poñerlle cebola picada, soportou con coraxe a dor apoiado nun bastón, seguiu adiante coxeando valentemente detrás do líder. (Para ser franco, varios dixeron que o ancián esaxeraba sobre o nocello, que só finxía porque tiña ganas de volver atrás.) Pronto, só había uns poucos que non tiñan nin unha espiña no brazo nin unha rabuñada na cara. Os homes soportárono todo heroicamente mentres as mulleres maldicían a mesma hora na que partiran e os nenos choraban, naturalmente, porque non entendían que todas as penas e traballos serían recompensados.

E para a felicidade e alegría de todos, ao líder non lle pasara nada. Francamente, se queremos dicir a verdade, estaba moi protexido, pero o home tivo sorte. No cámping da primeira noite todos rezaron e agradeceron a Deus que a primeira xornada do viaxe tivera éxito e que nada, nin a máis mínima desgraza, lle acontecera ao líder. Entón un dos homes máis valentes comezou a falar. A súa cara fora rabuñada por unha silva, pero simplemente non lle fixo caso.

– Irmáns – comezou, – grazas a Deus o primeiro día de viaxe xa quedou atrás. O camiño non é doado, pero debemos soportalo, porque todos sabemos que este difícil camiño nos levará á felicidade. Que Deus todopoderoso protexa ao noso líder de calquera dano para que poida seguir dirixíndonos con éxito.

– Mañá perderei o outro ollo se as cousas van coma hoxe! – pronunciou enfadada unha das mulleres.

– Ai, miña perna! – chorou o vello, animado polo comentario da muller.

Os nenos seguían chorando e chorando, e ás nais custoulles silencialos para que o voceiro se escoitase.

– Si, perderás o outro ollo – estalou de rabia – e ainda que perdas os dous! Non é unha gran desgraza que unha muller perda os ollos por unha causa tan grande. Que vergoña! Non pensas nunca no benestar dos teus fillos? Imos morrer a metade de nos neste viaxe! Que diferenza hai? Que é un ollo? De que serven os teus ollos cando hai alguén que se preocupa por nós e nos leva á felicidade? Deberiamos abandonar o noso compromiso só por mor do teu ollo e da perna do vello?

– Está mentindo! O vello minte! Só finxe para poder volver atrás – resoaron voces de todos os lados.

– Irmáns, quen non queira ir máis lonxe – dixo de novo o portavoz – que volva atrás en vez de queixarse ​​e axitar o resto de nós. Polo que a min respecta, vou seguir a este sabio líder mentres poida!

– Seguiremos todos! Todos o seguiremos mentres vivamos!

O líder estaba calado.

Todo o mundo comezou a miralo e a susurrar:

– Está absorto nos seus pensamentos!

– Un home sabio!

– Mira a súa testa!

– Sempre co cello fruncido!

– Serio!

– É valente! Notase en todo el.

– Podes dicilo de novo! Valado, troncos, breixos; pasará por todo. Só bate a cana sen dicir nada e debes adiviñar o que ten en mente.

(páxina seguinte)

Líder (1/3)

– Irmáns e amigos, escoitei todos os vosos discursos, polo que agora vos pido que me escoitedes a min. Todas as nosas deliveracións e conversas non valen nada mentres permanezamos nesta erma rexión. Neste chan areoso e pedras nada foi capaz de medrar, incluso en anos chuviosos, moito menos nesta seca como ningún de nos vira antes. Cánto tempo nos xuntaremos así e falando en balde? O gando está morrendo á fame, e moi pronto nos e os nosos fillos os seguiremos. Debemos atopar outra solución, mellor e máis sensata. Eu creo que o mellor sería deixar esta terra árida e saír ao mundo a buscar un solo mellor e máis fértil, porque simplemente non podemos vivir así por máis tempo.

Así, un habitante dalgunha provincia estéril falou con voz cansa nalgunha reunión. Onde e cando non nos concirne a tí ou a min, penso. É importante crerme cando digo que ocurriu nalgunha terra hai moito tempo, e iso é suficiente. Para ser honesto, nun tempo pesei que dalgunha maneira inventara toda esta historia, pero pouco a pouco funme liberando dese desagradable delirio. Agora creo firmemente que vou contar o que realmente aconteceu e debeu ocorrer nalgún lugar en algún momento, e que, de ningún xeito, podería haber inventado eu.

Os oíntes, con caras pálidas, demolidos e miradas en branco, sombrías, case sen comprender, coas mans baixo o cinto, parecían cobrar vida con estas sabias palabras. Cada un xa se imaxinaba que se atopaba nunha especie de terra máxica e paradisíaca, onde a recompensa do duro traballo sería unha rica colleita.

– Ten razón! Ten razón! – suspiraban as voces cansas en todos lados.

– Ese lugar es…tá… cer…ca? – escoitouse murmurar dende unha esquina.

– Irmáns! – comezou outro cunha voz un pouco máis forte. – Debemos seguir este consello de inmediato, porque xa non podemos seguir así. Traballamos e esforzámosnos, pero todo foi en van. Plantamos sementes que servían para comer, pero viñeron as inundacións e levaron as sementes e a terra das ladeiras, quedando só pedra espida. Deberíamos quedar aquí para sempre, traballando día e noite só para ter fame e sede, espidos e descalzos? Temos que saír e buscar unha terra mellor e máis fértil onde o traballo duro dea colleitas abundantes.

– Vamos! Vamos xa, que este lugar non está feito para vivir aquí máis.

Xurdiu un murmurio, e cada un comezou a andar, sen pensar a onde ían.

– Esperade irmáns! A onde ides? – dixo o que primeiro falara. – Claro que temos que marchar, pero non así. Temos que saber cara onde imos. Se non, podemos acabar nunha situación peor en lugar de salvarnos. Suxiro que elixamos un líder, ao que todos teremos que obedecer, e que nos amosará o mellor e máis directo camiño.

– Elixamos! Escollamos a alguén xa – escoitouse ó redor.

Só agora xurdiu a discusión, un auténtico caos. Todo o mundo falaba e ninguén escoitaba nin era capaz de oír. Comezaron a dividirse en grupos, cada persoa murmurando para si, e logo ata os grupos se separaron. De dous en dous, empezaron a falar entre eles agarrando do brazo, falando, intentando demostrar algo, a tirarse pola manga e facendo señas de silencio cas mans. Despois reuníronse todos de novo, aínda falando.

– Irmáns! – De súpeto resoou unha voz máis forte que afogou a todas as outras voces roucas e aburridas. – Non podemos chegar a ningún tipo de acordo así. Todo o mundo fala e ninguén escoita. Escollamos un líder. A quen de nós podemos escoller? Quen de nós viaxou o suficiente para coñecer os camiños? Todos nos coñecemos ben e, porén, eu non me poñería a min e aos meus fillos baixo a dirección dunha soa persoa aquí. Mellor, quen coñece a ese viaxeiro de alí sentado na sombra á beira do camiño dende esta mañá?

Fíxose o silencio. Todos se volveron cara o estraño, estudandoo de cabeza a pés.

O viaxeiro, de mediana idade, cun rostro sombrío que apenas era visible por mor da barba e o longo cabelo, permanecía sentado e en silencio coma antes, absorto nos seus pensamentos, golpendo de cando en vez o seu gran caxato no chan.

– Onte vin a ese mesmo home cun rapaz novo. Ían da man camiñando rúa abaixo. Onte a noite o rapaz foise da aldea, pero o descoñecido quedou.

– Irmán, esquenzamos estas parvadas parvadas para non perder tempo. Sexa quen sexa, veu de moi lonxe, xa que ningún de nós o coñece e seguramente sabe o camiño máis curto e mellor para levarnos. Paréceme que é un home moi sabio, porque está alí sentado en silencio e pensando. Calquera outra persoa xa se houbese metido nos nosos asuntos dez veces ou máis , ou comezaría unha conversa con algún de nós, pero está sentado alí, todo o tempo só e sen dicir nada.

– Por suposto, o home está sentado calado porque está a pensar en algo. Non pode ser doutro xeito, agás que é moi listo – Coincidiron os outros, e comezaron a examinar ao estraño de novo. Cada un descubriu nel un trazo brillante, unha proba da súa extraordinaria intelixencia.

Non pasaron moito máis tempo falando, polo que todos coincidiron en que o mellor sería preguntar a este viaxeiro, a quen, segundo lles pareceu, Deus enviou para levalos ao mundo a buscar un territorio mellor e un chan máis fértil. Debería ser o seu líder, e oiríanlle e obedeceríanlle sen dúbida.

Elixiron dez homes de entre eles quenes lles explicarían ao descoñecido a súa decisión. Esta delegación debía amosarlle o miserable estado das cousas e pedirlle que fose o seu líder.

Así que os dez achegáronse e inclináronse humildemente. Un deles comezou a falar do chan improdutivo da zona, dos anos secos e da miseria na que se atopaban todos. Rematou do seguinte xeito:

– Estas condicións obrígannos a abandonar os nosos fogares e a nosa terra, e a marchar ao mundo para atopar unha patria mellor. Xusto neste momento no que finalmente chegamos a un acordo, parece que Deus mostrou misericordia de nós, que te enviou a ti; ti, un sabio e digno descoñecido, e que nos guiarás e liberarás da nosa miseria. En nome de todos os habitantes de aquí, pedímosche que sexas o noso líder. A onde queira que vaias, seguirémoste. Coñeces as estradas e seguramente naciches nunha patria máis feliz e mellor. Escoitarémoste e obedeceremos cada un dos teus comandos. Estarás de acordo, sabio estraño, en salvar tantas almas da ruína? Serás o noso líder?

Durante este discurso implorante, o sabio descoñecido nunca levantou a cabeza. Todo o tempo permaneceu na mesma posición na que o atoparan. A cabeza baixa, engurrado o cello e calado. Só golpeaba a cana no chan de cando en vez, e pensaba. Cando rematou o discurso, murmurou curto e lentamente, sen cambiar de posición:

– Serei!

– Podemos ir contigo e buscar un lugar mellor?

– Podedes! – continuou sen levanter a cabeza.

Entusiasmo e expresións de agradecemento xurdiron, pero o descoñecido non dixo unha palabra a ningunha delas.

Os dez informaron á reunión do seu éxito, e engadiron que só agora viran a gran sabedoría que posuía este home.

– Nin se moveu do lugar nin levantou a cabeza polo menos para ver quen lle falaba. Só sentou tranquilamente e meditou. Para todo o que falamos e agradecemos, el só pronunciou dúas palabras.

– Un auténtico sabio! Rara intelixencia! – berraron alegremente dende todos os lados, alegando que o propio Deus o mandou como un anxo do ceo para salvalos. Todos estaban firmemente convencidos do éxito baixo tal líder, a quen nada do mundo podería desconcertar. E así decidiuse saír ao día seguinte ao amencer.

(páxina seguinte)